Todos e todas á manifestación este venres 17 de novembro ás 12h en Santiago

Os e as bombeiras comarcais de Galiza levan meses loitando para acadar as súas proclamas, algo  que está a mostrarse difícil pola actitude infame da Xunta do PP e as distintas deputacións de PP e PSOE. As reivindicacións son claras, un Convenio Único para toda Galiza, para desfrutar das mesmas condicións sen importar a provincia onde traballen. Así mesmo, piden a estabilización das prazas é a devolución da condición de Laboral Fixo, que lles foi arrebatado cando se subrogou ó persoal. Tamén solicitan unha relación dos postos de traballo e a planificación da contratación de máis persoal para o servizo, xa que agora non dispoñen do persoal necesario para desenrolar o seu traballo de maneira segura. Bombeiros que se xogan a vida por contratos de seis meses ao ano que os manteñen nunha situación de pobreza, esa e a realidade.

Todos e todas estamos a ver a represión coa que son tratados. A escena dos antidisturbios cargando contra eles fai semanas en Ourense ilustra á perfección como resposta o goberno a unha simple  manifestación obreira. Por elo, desde o  Sindicato de Estudantes  solidarizámonos coas xustas  reivindicacións dos e das bombeiras galegas, que están a defender os seus dereitos. Condenamos a represión que están a sufrir , apoiamos a xornada de folga deste venres 17 e as que se poidan convocar por estes temas nun futuro.

Defender ás persoas que arriscan a diario a súa vida para salvar as nosas é xusto e necesario. Non se pode escatimar recursos naqueles servizos públicos tan vitais. Non podemos permitir que cada día de traballo sexa un risco para os nosos e as nosas traballadoras. Non imos permitir que ningunha familia teña que chorar outra desgraza polo desprezo do goberno galego que o único que quere e aforrar cartos e criminalizar a aqueles que loitan.

Só o pobo salva ó pobo. Eles nos salvan e nós debemos axudalos a salvar as súas condicións laborais.

¡POR UNHAS CONDICIÓNS DIGNAS PARA O CORPO DE BOMBEIROS!

¡A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!