Por unha educación pública de calidade
Por unhas condicións laborais dignas para os nosos docentes
Por una folga xeral da comunidade educativa ata botar abaixo os ataques
O vindeiro martes os e as profesoras galegas están chamadas á una nova xornada de folga, convocada pola CIG, STEG e CSIF, despois do éxito da folga do 24 de outubro, de varias manifestacións masivas en Santiago y dun mes de novembro de loita con accións nos centros de estudo e as distintas cidades galegas. Tras a firma da vergoña por parte de CCOO, UXT e ANPE dun acordo coa Consellería de Educación no que se perpetúan os ataques contra a educación pública perpetrados polo PP nos últimos anos , a mobilización é o único camiño e a forza do profesorado para botar este ataque foi evidente estas últimas semanas.
Diga o que diga a Xunta do PP e os sindicatos asinantes de esta infamia, é mentira que se rebaixen as ratios. Tampouco se lles rebaixa un horario lectivo que o PP ven incrementando desde que chegou á Xunta, nin se lles quita traballo burocrático que nada ten que ver coa docencia e que debería ser realizado por xente á que contratasen especificamente para iso. A Xunta carga aos nosos profesores e profesoras con traballo administrativo para aforrarse diñeiro en contratacións, e quen o paga somos nós, porque os nosos profesores e profesoras teñen menos tempo para o que realmente é o seu traballo, a docencia.
Desde o Sindicato de Estudantes queremos amosar o noso apoio ao profesorado en loita. Somos plenamente conscientes de que a única forma de defender unha educación pública de calidade é defendendo á vez unhas condicións dignas de traballo para os e as docentes. O voso exemplo de loita é tamén exemplo de educación en como se conseguen os dereitos que é saíndo as rúas. Estamos convosco e facemos nosas as vosas reivindicacións porque son imprescindibles para unha educación pública e de calidade.
O PP, a Xunta, non quere negociar nada. Eles solo están a privatizar. As e os estudantes de clase traballadora e as nosas familias sabemos que o público é o inimigo número un da dereita, e quen o defende tamén, porque pretenden facer negocio co que herdamos como dereitos grazas á loita de xeracións anteriores, e como eles e elas fixeron, hoxe témolo que defender. Por iso despois do 28 a loita debe continuar e desde o Sindicato de Estudantes propoñémosvos dar un paso más si a Xunta non rectifica, coa convocatoria duna folga xeral de toda la comunidade educativa, preparada con tempo para facer dela un éxito e na que os e as estudantes, xunto ás asociacións de pais e nais e todo o persoal da comunidade educativa, unamos forzas hasta botar abaixo os ataques.
Adiante compañeiros e compañeiras!
Docentes e estudantes , unidos e adiante na defensa da educación pública