Entrevista a Mel Varela, voceira do Sindicato de Estudantes na Galiza
O próximo 28 de Abril os e as estudantes sairán á folga estudantil na Galiza convocados polo Sindicato de Estudantes, uníndose así á folga do profesorado convocada ese mesmo día polos sindicatos CIG-ensino, STEG e Asembleas Abertas do Ensino Público cunha manifestación conxunta que sairá ás 12h da Alameda de Compostela. Entrevistamos a Mel Varela, estudante no IES Fernando Wirtz da Coruña, para coñecer de primeira man a visión dos e as estudantes ante esta data e ante os problemas do ensino público en xeral.
EM. Como vedes dende o Sindicato de Estudantes a situación actual do ensino público na Galiza?
Mel Varela. Ó borde do colapso. Vemos todos os días unha e outra vez situacións que se están dando que demostran que o sistema educativo público non pode aguantar máis. O alumnado está farto, os centros educativos acumulan unha falta de mantemento que se ven arrastrando durante anos, e o profesorado ten unhas condicións laborais lamentables que están dando lugar a unha autentica crise de saúde mental tanto entre profesores como entre alumnos.
Un claro exemplo son os casos de acoso que se dan nos centros. Os alumnos que os sofren non teñen especialistas no centro ós que recorrer, o que fai que intenten apoiarse en profesores que apenas teñen trato persoal con eles debido ós ratios exaxerados que se dan nas aulas. Ó final do día isto deriva en que as vítimas non poden saír da súa situación, e agrava a crise que se vive no sistema. Isto poderíase solventar aumentando a inversión, sobre todo adoptando a medida que esiximos de ter un psicólogo en cada centro. Pero claro, á Xunta iso non lle interesa o máis mínimo. O pasado 28 de outubro convocamos folga estudantil tras o suicido de Sandra Peña, foi un éxito de resposta colectiva ante unha lacra que nos esgota. Concretamente aquí na Galiza confluímos ese mesmo día coa folga do profesorado e, no caso de Compostela, confluímos co profesorado na manifestación fronte a San Caetano. Tamén este tema é un exemplo clarísimo de como á loita polo ensino público é unha loita na que toda a comunidade educativa témonos que mobilizar conxuntamente, profes, estudantes e familias. O 28 de Abril é unha oportunidade para dar un paso moi importante nesa liña, e por iso dende o Sindicato de Estudantes non tivemos ningunha dúbida en sumarnos á folga cos nosos e as nosas profes.
EM. Cal creedes que é o principal motivo detrás dista situación?
Mel. O problema do ensino público non é un problema que afecte só a Galiza nin só as comunidades gobernadas polo PP. O goberno central PSOE-Sumar ten moitisma responsabilidade porque non botou atrás todo a situación cada vez peor nas aulas e, por certo, permite e non fai nada contra o desfeito que a dereita está a facer aló onde goberna. E así chegamos á situación na Galiza, onde as políticas do PP na Xunta foron e son nefastas, os seus recortes e o proceso de privatización son os culpables da situación actual. Cando chegaron á Xunta hai xa case 17 anos unha das súas primeiras medidas foi eliminar a gratuidade dos libros de texto. Eu lémbrome de pequena de ter que acudir ó banco de libros do meu instituto e que todos estiveran feitos un asco. Pero vamos, que iso é a punta do problema. Dende que volveron á Xunta o número de profesores diminuíu en mais de 800, pese a que hoxe hai 14.000 alumnos mais que en 2009. Tamén pecharon case 200 centros, e baixaron o salario dos profesores nun 15% á vez que lles aumentaron a carga horaria, motivos que os levaron ás folgas deste curso.
Como estudantes de familias obreiras sufrimos de primeira man o dano que está a facer a privatización no acceso á educación. Cada curso que pasa as prazas da pública na FP vólvense mais e mais inaccesíbeis e de peor calidade. Chéganos moitismos casos de persoas sen prácticas ou en situación de abuso laboral todas as semanas, é un goteo constante dende que comeza o curso ata que remata. E loitamos e denunciamos cada un, mais as FPs privadas seguen florecendo coma se nada.
No caso dos estudos universitarios concede licencias a universidades privadas, algunhas das cales están xestionadas por amigos íntimos de Feijóo. Tampouco se sabe que novos pasos pode dar a Xunta no desmantelamento da educación pública. Se intentaron privatizar o bacharelato en Aragón tamén o poden intentar aquí.
Pero o 28 de abril temos a oportunidade de dar resposta colectiva con moitisma mais forza.
EM. O curso comezou coa polémica da “neutralidade ideolóxica” nos centros a través das instrucións para a organización do inicio de curso. Que opinades da cruzada ideolóxica da Consellería de Educación?
Mel. É un auténtico escándalo que non ten nada que envexar a declaracións e medidas como o Pin parental da extrema dereita. O carácter reaccionario da Xunta, coa Consellería de Educación e o Conselleiro Román Rodríguez á cabeza é total. Son censura política pura e dura para impedir de feito a protesta na comunidade educativa. É a resposta ás masivas mobilizacións contra Altri, contra as folgas de profes, contra as folgas e accións dos e as estudantes estes anos contra o xenocidio en Gaza, o acoso escolar ou o machismo.
Temos un conselleiro, Román Rodríguez, que non perde oportunidade de insultar e chamar vagos ao noso profesorado. Un auténtico españolista que ridiculiza ao galego negando a evidencia de que este curso, por primeira vez na historia, haxa menos galegofalantes que castelanofalantes na Galiza froito do decreto do plurilingüismo nas escolas.
A parte ideolóxica da loita polo ensino público é moi importante, loitamos contra unha deriva autoritaria total, non só son recortes e privatizacións, é vulneración de dereitos fundamentais, incluíndo a sistemática vulneración do dereito á folga do alumnado en algúns centros polas indicacións que se dan directamente dende a Consellería. Non o podemos permitir.
EM. Que perspectiva tedes cara ao movemento e cal pensade que é o camiño a partir de agora?
Mel. Dende a folga indefinida en Asturias do ano pasado levamos vendo unha marea de mobilizacións da comunidade educativa en todo o estado: Catalunya, Aragón, Valencia ou Madrid, onde agora mesmo hai folga indefinida das traballadoras de educación infantil de 0-3 anos que é para nos unha auténtica inspiración.
Coma Sindicato de Estudantes convocamos folgas de estudantes en todas elas para unificar, e en todas estas loitas estivemos ao seu carón, aquí tamén na Galiza, dando todo o noso apoio ás 5 folgas do profesorado este curso. É imposíbel ter unha educación pública de calidade se che cambian de profesor cada 2 meses porque tivo que pillar unha baixa por ansiedade, ou se es o alumno douscentos dun profesor que ten que preparar mais de 7 clases á semana. Eu teño pasado meses sen titor porque as listas de substitución están baleiras.
O 28 de abril non se vai rematar a loita, pero será un paso moi imporante . Xa hai por exemplo manifestacións convocadas de profesores, alumnos e familias para o 6 de maio, pola tarde en moitas cidades, que nós tamén convocamos. Isto ten que continuar, necesitamos ter un plan , unha perspectiva cara o comezo de curso. Dende o noso punto de vista existen as condicións para preparar unha gran folga e mobilizacións de toda a comunidade educativa en outono, non só na Galiza, se non en todo o Estado. Temos os mesmos problemas, temos que unir forzas, ese é o camiño, e o 28 de abril comezamos coa unificación da loita de profesorado e estudantes.
“El 28 de abril vamos a la huelga con nuestro profes, contra la privatización y los recortes”
Entrevista a Mel Varela, portavoz del Sindicato de Estudantes en Galiza
El 28 de abril los y las estudiantes saldrán a la huelga estudiantil en Galiza convocados por el Sindicato de Estudantes, uniéndose así a la huelga del profesorado convocada ese mismo día por los sindicatos CIG-ensino, STEG y Asembleas Abertas do Ensino Público con una manifestación conjunta que saldrá a las 12h de la Alameda de Compostela.
Entrevistamos a Mel Varela, estudiante en el IES Fernando Wirtz de Coruña, para conocer de primera mano la visión de los y las estudiantes ante esta fecha y ante los problemas de la educación pública.
EM. ¿Cómo veis desde el Sindicato de Estudantes la situación actual de la educación pública en Galiza?
Mel Varela. Al borde del colapso. Vemos todos los días una y otra vez situaciones que se están dando que demuestran que el sistema educativo público no puede aguantar más. El alumnado está harto, los centros educativos acumulan una falta de mantenimiento que se viene arrastrando durante años, y el profesorado tiene unas condiciones laborables lamentables que están dando lugar a una auténtica crisis de salud mental tanto entre profesores como entre alumnos.
Un claro ejemplo son los casos de acoso que se dan en los centros. Los alumnos que los sufren no tienen especialistas en su centro a los que recurrir, lo que hace que intenten apoyarse en profesores que apenas tienen trato personal con ellos debido a los ratios exagerados que se dan en las aulas. Al final del día esto deriva en que las víctimas no pueden salir de su situación, y agrava la crisis que se vive en el sistema. Esto se podría solucionar aumentando la inversión, sobre todo adoptando la medida que exigimos de tener un psicólogo en cada centro. Pero claro, a la Xunta eso no le interesa lo más mínimo. El pasado 28 de octubre convocamos una huelga estudiantil tras el suicido de Sandra Peña, fu un éxito de respuesta colectiva ante una lacra que nos agota. Concretamente aquí en Galiza confluimos ese mismo día con la huelga del profesorado y, en el caso de Compostela, confluimos con el profesorado en la manifestación frente a San Caetano. También este tema es un ejemplo clarísimo de como la lucha por la educación pública es una lucha en la que toda la comunidad educativa tenemos que movilizarnos conjuntamente, profes, estudiantes y familias. El 28 de abril es una oportunidad para dar un paso muy importante en esa línea, y por eso desde el Sindicato de Estudantes no tuvimos ninguna duda en sumarnos a la huelga con nuestros y nuestras profes.
EM. ¿Cuál creéis que es el principal motivo detrás de esta situación?
Mel. El problema de la educación pública no es un problema que afecte solo a Galiza ni solo a las comunidades gobernadas por el PP. El gobierno central PSOE-Sumar tiene muchísima responsabilidad porque no ha echado atrás toda la situación cada vez peor en las aulas y, por cierto, permite y no hace nada contra el destrozo que la derecha está haciendo allí donde gobierna. Y así llegamos a la situación en Galiza, donde las políticas del PP en la Xunta fueron y son nefastas, sus recortes y el proceso de privatización son los culpables de la situación actual. Cuando llegaron a la Xunta hace ya casi 17 años una de sus primeras medidas fue eliminar la gratuidad de los libros de texto. Yo me acuerdo de pequeña de tener que acudir al banco de libros de mi instituto y que todos estuvieran hechos un asco. Pero vamos, que eso es la punta del problema. Desde que volvieron a la Xunta el número de profesores ha disminuido en más de 800, pese a que hoy hay 14.000 alumnos más que en 2009. También cerraron casi 200 centros, y bajaron el salario de los profesores un 15% a la vez que les aumentaron la carga horaria, motivos que los han llevado a las huelgas de este curso.
Como estudiantes de familias obreras sufrimos de primera mano el daño que está haciendo la privatización en el acceso a la educación. Cada curso que pasa las plazas de la pública en la FP se vuelven más y más inaccesibles y de peor calidad. Nos llegan muchísimos casos de personas sin prácticas o en situación de abuso laboral todas las semanas, es un goteo constante desde que comienza el curso hasta que termina. Y luchamos y denunciamos cada uno, mas las FPs privadas siguen floreciendo como si nada.
En el caso de los estudios universitarios se les conceden licencias a universidades privadas, algunas de las cuales están gestionadas por amigos íntimos de Feijóo. Tampoco se sabe que nuevos pasos puede dar la Xunta en el desmantelamiento de la educación pública. Si intentaron privatizar el bachillerato en Aragón también lo pueden intentar aquí.
Pero el 28 de abril tenemos la oportunidad de dar una respuesta colectiva con muchísima más fuerza.
EM. El curso comenzó con la polémica de la “neutralidad ideológica” en los centros a través de las instrucciones para la organización del inicio del curso. ¿Qué opináis de la cruzada ideológica de la Consellería de Educación?
Mel. Es un auténtico escándalo que no tiene nada que envidiar a declaraciones y medidas como el Pin parental de la extrema derecha. El carácter reaccionario de la Xunta, con la Consellería de Educación y el Conselleiro Román Rodríguez a la cabeza es total. Son censura política pura y dura para impedir de facto la protesta en la comunidad educativa. Es la respuesta a las masivas movilizaciones contra Altri, contra las huelgas de profes, contra las huelgas y acciones de los y las estudiantes estos años contra el genocidio en Gaza, el acoso escolar o el machismo.
Tenemos un conselleiro, Román Rodríguez, que no pierde oportunidad de insultar y llamar vagos a nuestro profesorado. Un auténtico españolista que ridiculiza al gallego negando la evidencia de que este curso, por primera vez en la historia, hay menos galegofalantes que castellano-parlantes en Galiza fruto del decreto del plurilingüismo en las escuelas.
La parte ideológica de la lucha por la educación pública es muy importante, luchamos contra una deriva autoritaria total, no solo son recortes y privatizaciones, es vulneración de derechos fundamentales, incluyendo la sistemática vulneración del derecho a huelga del alumnado en algunos centros por las indicaciones que se dan directamente desde la Consellería. No lo podemos permitir.
EM. ¿Qué perspectiva tenéis para este movimiento y cuál pensáis que es el camino a partir de ahora?
Mel. Desde la huelga indefinida en Asturias del año pasado llevamos viendo una marea de movilizaciones de la comunidad educativa en todo el estado: Catalunya, Aragón, Valencia o Madrid, donde ahora mismo hay una huelga indefinida de las trabajadoras de educación infantil de 0-3 años que es para nosotros una auténtica inspiración.
Coma Sindicato de Estudantes convocamos huelgas de estudiantes en todas ellas para unificar, y en todas estas luchas estuvimos a su lado, aquí también en Galiza, dando todo nuestro apoyo a las 5 huelgas del profesorado de este curso. Es imposible tener una educación pública de calidad si te cambian de profesor cada 2 meses porque tuvo que pillar una baja por ansiedad, o si eres el alumno doscientos de un profesor que tiene que preparar más de 7 clases a la semana. Yo tengo pasado meses sin tutor porque las listas de sustitución están vacías.
El 28 de abril no se va a rematar la lucha, pero será un paso muy importante. Ya hay por ejemplo manifestaciones convocadas de profesores, alumnos y familias para el 6 de mayo, por la tarde en muchas ciudades, que nosotros también convocamos. Esto tiene que continuar, necesitamos tener un plan, una perspectiva cara el comienzo de curso. Desde nuestro punto de vista existen las condiciones para preparar una gran huelga y movilizaciones de toda la comunidad educativa en otoño, no solo en Galiza, si no en todo el Estado. Tenemos los mismos problemas, tenemos que unir fuerzas, ese es el camino, y el 28 de abril comenzamos con la unificación de la lucha de profesorado y estudiantes.







