Dende o Sindicato de Estudantes sumámonos ás concentracións convocadas polos sindicatos de docentes STEG y CIG este venres 12 de abril ás 12h nos centros de ensino galegos, para esixir o fin do xenocidio sionista en Gaza.
Estamos fartos e fartas de ver aos gobernos europeos, e especialmente ao noso do PSOE e SUMAR, chorar bagoas de cocodrilo ante as decenas de miles de civiles asasinados, mulleres, bebés, nenos e nenas, mentres non fan nada para evitalo. É máis o goberno de Pedro Sánchez acaba de pechar un novo contrato de compraventa de armas cunha empresa militar israelí.
Que pantomima mais nauseabunda!
A pesar das hipócritas deliveracións do Tribunal de Xusfiza da ONU para decidir se hai ou non xenocidio, ou sobre si se están a cometer ou non crimes de guerra, as evidencias non deixan oco a dudas, o xenocidio e un feito: Cerca de 40.000 mortos, 25.000 deles mulleres e nenos, según reconoce o goberno norteamericano. O Tribunal de Xustiza sabeo, Estado Unidos e a UE sabeno, os gobernos árabes sabeno, e a comunidade internacional sabeo. Pero solo pronuncian discursos cheos de palabrería barata, de xustificacións vomitivas, pedindo coa boca pequena a Netanyahu que se conteña un pouco, e masacre a poboación palestina seguindo una suposta lei internacional que non existe.
Pero tamen inspirándonos da forza dos e das oprimidas, do movemento de solidariedade con Gaza, con millons nas rúas de todo o mundo, que continúa convatendo con forza aos sionistas e aos seus cómplices.
Manifestacións de centos de miles en decenas de cidades norteamericanas, do Reino Unido e toda Europa, tamén o Estado Español. A rabia do pobo Jordano inundando as ruas, as movilizacions de masas en Marrocos. Esto e só esto, a presión da movilización de masas, a solidariedade internacionalista, é o unico que pode acabar có inferno na Terra en que convertiron Gaza.
Por isto, ante esta xornada de protesta volvemos dicir alto e claro,
ALTO AO XENOCIDIO SIONISTA EN GAZA!
PSOE e Sumar: Basta de complicidade co sionismo! Fin das relacións con Israel xa!