Nos últimos anos ou meses, moitas de nos comezamos oír falar por primeira vez do descoñecido ata agora “Patronato de Protección a la Mujer”, un entramado franquista totalmente estruturado, cuxa Xunta Nacional presidía Carmen Polo de Franco, que durante décadas actuou salvaxemente contra a muller con total impunidade.
Pero, que era o Padroado? Quen e por que ía a parar alí? Cales eran as súas prácticas e os seus obxectivos? Cal foi o papel da Igrexa católica en todo isto? Quen foros os e as beneficiadas deste horror misóxino e clasista?
Para falar de todo isto e moito máis, o vindeiro luns 20 de abril temos unha oportunidade única de coñecer a fondo este episodio tan silenciado da nosa Memoria Histórica. Desde Libres e Combativas, como feministas antifascistas, sentímonos na obriga de facer todo o posible para dar voz as vítimas, grazas a cuxo esforzo, valentía e determinación, tanto tempos despois podemos coñecer a súa historia e aprender dela. Porque para loitar contra a extrema dereita hoxe temos que coñecer o pasado da loita da nosa clase e o que supuxo o franquismo para a muller.
Acompañaranos Belén López Cillero, investigadora coruñesa que leva moitos anos investigando esta institución que literalmente encarcerou e maltratou de todas as formas posibles a decenas de milleiros de mulleres inocentes.
Contaremos tamén cos testemuños de dúas vítimas do Patronato na Coruña, Salomé da Torre e Elena Fariña, e da súa propia voz escoitaremos a realidade do que significou o franquismo para as mulleres, especialmente as máis humildes, ás vítimas de todo tipo de abusos, ás que non se resinaban a aceptar o papel que a ditadura e a podrecida moral católica lles tiña adxudicado e as que loitaban contra o réxime.
O Patronato subministrou bebés roubados a familias con cartos. Tamén man de obra doméstica. Nos centros do Patronato e nas congregacións relixiosas da rede traballábase de forma gratuíta entre 6 e 8 horas diarias, todo o tempo que lles quedaba entre que rezaban e limpaban, que era todo o que facían alí dentro. Erguéronse congregacións relixiosas e todas as súas propiedades con traballo escravo de todas estas rapazas.
Estades todas convidadas a vir a charla, a descubrir connosco está páxina oculta do franquismo que incriblemente funcionou ata o ano 1985 no que se pechou.
Vémonos o luns vinte de abril, non faltedes. Ven e difunde! A entrada é libre ata completar aforo.
Únete a Libres e Combativas
Constrúe connosco o feminismo de combate que necesitamos







