Polo dereito a unha educación pública presencial, de calidade e con aulas seguras!

Por un plan de investimento masivo para a contratación de profesorado, a redución de cocientes e a fin da fenda dixital!

O curso escolar 2020-2021 iníciase no medio do caos e coa ausencia dun plan efectivo para garantir o noso dereito a unha educación pública presencial, de calidade e con aulas seguras.

A desidia mostrada polo Ministerio de Educación, e a súa negativa a poñer en marcha un plan unificado para rescatar a educación pública investindo recursos masivos, é un completo escándalo. A Ministra, Isabel Celaá, tivo meses para preparar unha volta ás aulas en condicións dignas pero non fixo nada. E non o fixo porque non queren aumentar os orzamentos para a educación pública, o que contrasta cos miles de millóns que reciben as grandes empresas e bancos do Ibex 35 ou a educación privada concertada.

O sur de Galicia sufriu unha onda de incendios devastadora. Os que tivemos que enfrontarnos ás súas consecuencias e loitar contra as lapas, nunca o esqueceremos. E sempre recordaremos que a loita contra o lume foi, na meirande parte dos casos, levada a cabo de forma heroica polos veciños. O Estado non existiu. Unha vez máis, foi o pobo quen salvou ao pobo.

Que en Vigo, non nunha inaccesible aldea, senón na maior cidade galega, tiveran que ser os veciños quen se enfrontasen e sufocasen as lapas, mostra a total bancarrota da política antiincendios da Xunta e o Estado. Para esmagar ao pobo de Catalunya, mobilizan todos os efectivos que sexan precisos. Para salvar ao pobo das lapas, déixannos sós.

TODOS E TODAS HOXE ÁS MANIFESTACIÓNS ÁS 20:00 HORAS

Miles de galegos e galegas pasaron onte unha noite de auténtico pánico, vendo cómo as lapas se achegaban aos seus fogares. Nestes intres son xa catro as persoas mortas. O sur do país está sendo arrasado polas lapas.    As escenas vividas en Vigo, a principal cidade galega, rodeada literalmente polo lume, non teñen precedentes. As rúas da cidade enchéronse de cinza; o fume impedía respirar e era imposible ver máis alá duns metros. A posibilidade de que a cidade ardera tornouse moi real cando apareceron lumes en Florida, Navia, O castro e incluso na  Praza de España! Só a choiva impediu unha traxedia aínda maior…Aldeas enteiras arderon xa. Aínda hoxe non é nada fácil respirar en Ourense….E ante a ausencia total de medios do Estado e da Xunta para facer fronte a ese inferno, unha vez máis vimos cómo o Pobo salva ao Pobo. Miles de galegos improvisaron brigadas para levar auga e facer fronte ás lapas coas seus propias mans e poñéndose en perigo a si mesmos. Unha vez máis volveu quedar  en evidencia a total incapacidade da Xuta e o Goberno do PP. Se no 2002, ante a traxedia do Prestige Rajoy só viu “hilillos de plastilina” hoxe tiña como única estratexia contra o lume…ver se chovía.

Compañeiros e compañeiras, hoxe às 12:00 temos que parar as clases en todos os centros de estudo!!

Feijóo demisión!!!!

Basta de recortar cartos na loita contra o lume!!

MARTES 12
ÁS 19:00
DIANTE DO PARLAMENTO

Os veciños de Rianxo levan tempo loitando por un Centro de Día. O motivo é que hai máis de 2.000 maiores que precisan deste servizo e sen embargo están totalmente abandonados.

Dende o Sindicato de Estudantes queremos dar todo o noso apoio a esta loita. Esiximos que os cartos públicos, que veñen dos impostos cobrados aos traballadores e traballadoras, deixen de empregarse en “salvar” bancos e se empreguen en resolver os graves problemas sociais que temos nos nosos concellos.
Os veciños de Rianxo convocan unha concentración esixindo o Centro de Día, para o martes 12, ás 19:00 horas diante do Parlamento de Galiza. Chamamos a tódolos estudantes a participar desta concentración.

Decide en Común (Ferrol) ¡EN APOIO Á FOLGA ESTUDANTIL DOS DÍAS 13 E 14 DE ABRIL! ¡DEROGACIÓN INMEDIATA DA LOMCE E O 3+2!

crtaz marchas dignidade-Coruña: Martes 25, 16:00 horas, facultade de CC. Educación

-Compostela: Martes 25, ás 18:00 horas Facultade de Ciencias Políticas

 

cartaz 29N baixa resolucionPAN, TRABALLO, TEITO!!

Dende o comezo da crise capitalista, estamos a asistir a un completo desmantelamento do chamado “Estado de Benestar” por parte dos grandes empresarios e banqueiros, un desmantelamento levado a cabo polos seus cans de presa, os gobernos das grandes potencias europeas e mundiais.

No caso do Estado Español o goberno do PP, pero tamén o último goberno de Zapatero, non tivo ningún problema en atacar as conquistas que con tanto esforzo conseguiron o movemento obreiro e estudantil durante os últimos 30 anos: reducindo o gasto sanitario e educativo; impoñendo leis represivas para tratar de impedir que a xente saia ás rúas a protestar; convertindo ós traballadores en pouco máis que escravos ó servizo das grandes empresas, que non teñen reparo en mandar á miseria a familias enteiras a base de EREs...

E mentres todos estes miserables esixen que “fagamos sacrificios”, eles gastan milleiros e milleiros de cartos en todo tipo de luxos noxentos, dende cacerías ata “clubes de alterne”.


cerco santiagoLos marineros de cerco de Galicia están en lucha para garantizar su trabajo, la pesca, y poder sustentar a sus familias. Las medidas adoptadas por el la Unión Europea y el gobierno del PP, con la complicidad de la Xunta ponen en peligro el trabajo de 1.500 marineros.

El 11 de marzo, representantes de los marineros en lucha anunciaron que secundarán la huelga de enseñanza convocada por el Sindicato de Estudiantes para los días 26 y 27 de marzo con el objetivo de sumar fuerzas. Saludamos muy positivamente esta iniciativa de confluir en la lucha y la cogemos con las dos manos. Así, el 27 de marzo, estudiantes y marineros estaremos juntos en las manifestaciones.

(Pincha o enlace do interior para firmar no seu apoio)

En castellano en el interior

vigo 652863 308x0 izdaVimos de coñecer a mala nova da pena de prisión de 3 anos para os compañeiros sindicalistas Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, dos sindicatos UGT e CIG en Vigo, por uns feitos ocorridos durante a folga polo convenio do transporte en 2008. Dende o Sindicato de Estudantes condenamos enerxicamente este atropelo dos dereitos sindicais máis básicos e solidarizámonos cos compañeiros.