Compostela: Eleccións ó Claustro da USC. Vota ó Sindicato de Estudantes
Dende que comezou a crise capitalista mundial, os xóvenes de familias traballadoras estamos a sufrir os seus efectos de xeito dramático: desemprego nas nosas casas, drásticas reducións salariais ó tempo que o prezo da vida non deixa de subir (luz, medicamentos, transporte…), etc.
Os grandes capitalistas, perfectamente representados polo PP, esixen que os cartos públicos destinados ó ensino vaian a parar ós seus petos, en forma de rescates á banca, subvencións e exencións fiscais. Esa é a razón dos ataques que estamos a sufrir contra o ensino público (Plan Boloña; a LOMCE; o Decretazo de Bolsas; a suba das taxas e os recortes no profesorado) e que teñen un claro obxectivo: expulsar ós fillos e fillas dos traballadores da universidade e regresar ós vellos tempos onde só estudaban os fillos dos ricos. Se apenas hai estudantes universitarios, os cartos que hoxe o Estado dedica a esa partida —e que saen dos impostos dos nosos pais e nais— poderán ir ás mans dos grandes capitalistas.