ies do sarLEER LA NOTICIA EN CASTELLANO

Os ataques ao ensino público continúan e intensifícanse. No IES do Sar o profesor de filosofía ten que duplicar o seu horario para poder atendernos aos alumnos de 2º de Bacharelato e aos de antropoloxía de 1º de Bach. Unha autentica vergoña que, tendo que enfrontarnos á selectividade ao remate deste curso, a Consellería de Educación decida non cubrir a praza vacante do segundo profesor de filosofía co que si contábamos o curso pasado.

 

Levamos dúas semanas de mobilización. En primeiro lugar organizamos unha asemblea no recreo, reunindo á maior parte do alumnado para organizar o noso plan de loita. Decidimos dar as clases na rúa para facernos visibles ante os veciños e ante os medios de comunicación aos que avisamos. Avisamos tamén ao Sindicato de Estudantes e con el fomos a protestar diante do Parlamento, diante da Consellería de Educación, fixemos carteis, panfletos, pancartas.... Finalmente e con moi pouco tempo de convocatoria, conseguimos organizar unha estupenda manifestación polas rúas de Compostela. Uns 300 estudantes, pais, nais e profesores marchando xuntos en defensa do ensino público e en loita contra os recortes.

Este é unicamente o último paso de todos os que están por vir. A unión de toda a comunidade educativa é fundamental, e sabemos que este ataque ao IES de Sar é un dos moitos que se están a producir en institutos de todo o estado.

Non deixaremos que o Partido Popular gañe a partida!

No IES de Sar non van a recortar!! A loita é o único camiño!!

- Xulian. Sindicato de Estudantes do IES de Sar-

Nueva fecha del sorteo: 21 noviembre

IMG 20200328 135652

Debido a la crisis del coronavirus, aplazamos el sorteo de nuestra rifa al sábado 21 de noviembre
¡Escríbenos y compra tu papeleta para apoyar nuestra lucha!