Alumnas e alumnos de Téxtil do CIFP Manuel Antonio neste curso 2016/2017 vimos padecendo unha serie de carencias e deficiencias tanto no centro coma na nosa formación.  Ao igual que nós, tamén temos coñecemento de que noutros ciclos formativos impartidos no centro sofren carencias importantes.
 
Falta de material
 
As veces sufrimos falta de materiais como cola de contacto, recheo, feltro, etc. Tamén sufrimos carencia de mobiliario adecuado para sentarse xa que, por exemplo, pasamos máis de 17 horas semanais sentadas e sentados nos talleres de confección en taburetes sen respaldo ou cadeiras vellas ou en mal estado.
E consideramos imprescindible a renovación das máquinas de coser que se estragan con certa frecuencia dada a súa antigüidade.
Na actualidade botamos en falta o uso das novas tecnoloxías na nosa formación, coma por exemplo programas informáticos especializados para a patronaxe e/ou corte que nos poderiamos atopar nunha empresa actual.
 
Baixas sen cubrir e profesores impartindo asignaturas “afíns”
 
Un grave problema ao que nos enfrontamos é o das baixas do profesorado non cubertas ou cubertas con profesores aos que se lles obriga a impartir materias que non son as súas.
Por  poñer un exemplo, unha das nosas profesoras por desgracia tivo que coller unha baixa o cal nos levou a ter que esperar máis de 15 días a que puidera vir unha substituta. Como esta profesora estaba a impartir varias asignaturas, perdiamos máis de 16 horas semanais.
Finalmente, a chegada da substituta non resolveu o problema, xa que a política de recortes da Xunta e o Goberno do PP, despedindo a miles de profesores, forza aos que quedan a impartir asignaturas chamadas “afíns”, pero que na práctica son materias totalmente alleas á formación do profesor ou profesora. Isto é unha situación terrible para o docente, que fai todo o posible por aprender sobre a marcha o contido da materia que se ve na obriga de impartir,  e supón un auténtico drama para os alumnos, que non adquiren os coñecementos que precisan. Isto xerou frustración e un ambiente desmotivador tanto para profesores como para alumnos e alumnas.
 
Polo que en solidariedade con outros compañeiros e compañeiras de outros ciclos formativos, reivindicamos:
 
 -Unhas listaxes de substitución que satisfagan as necesidades que xurdan das baixas do profesorado de especialidades.
 
-Maior inversión en material e modernización do existente
 
-Unha maior oferta de ciclos superiores en horario diúrno o cal, a parte de ofrecer a oportunidade de seguir formándonos como profesionais, repercuta na creación de máis postos de traballo
 
-Inversións en accesibilidade e na adaptación da infraestrutura do centro para persoas con mobilidade reducida.
 
-Mellora do mobiliario e dos elementos internos (calefacción, electricidade, etc.) do centro
 
Aínda que actualmente estamos en conversacións coa dirección do centro para poder atallar e dar solución a algúns destes problemas, hai moitos outros que son responsabilidades de instancias superiores como a Xunta de Galicia e o Estado, que debido as súas políticas aplicadas, con nefastas reformas na educación que a levan a súa privatización, así como os diferentes recortes sufridos, leváronnos a esta situación de precariedade. Para poder rematar con esta situación de degradación nas condicións que sufrimos tanto os estudantes coma os profesores a mellor forma é a de reivindicar todos xuntos a fin das políticas de recortes que provocan esta situación. Chamamos a tódolos profesores, estudantes e ao conxunto da comunidade educativa do centro, incluida -por suposto- a dirección do mesmo a plantar cara de forma unitaria a esta situación,  esixindo á Xunta a resolución de todos estes problemas derivados da falta de recursos para así defender o noso dereito á calidade educativa no centro
 
Se os problemas non se solucionan, estamos a organizar xa un plan de acción co Sindicato de Estudantes
(function(i,s,o,g,r,a,m){i['GoogleAnalyticsObject']=r;i[r]=i[r]||function(){ (i[r].q=i[r].q||[]).push(arguments)},i[r].l=1*new Date();a=s.createElement(o), m=s.getElementsByTagName(o)[0];a.async=1;a.src=g;m.parentNode.insertBefore(a,m) })(window,document,'script','//www.google-analytics.com/analytics.js','ga'); ga('create', 'UA-28549730-1', 'auto'); ga('send', 'pageview');